Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Secuencia didáctica

A planificación é o primeiro paso para acadar os obxectivos que as persoas nos establecemos. Se se trata dunha organización empresarial, un organismo educativo ou incluso unha persoa, establecer obxectivos e tratar de acadalos é unha actividade esencial. Na vida profesional e persoal todos temos certas metas. A planificación permítenos converter estas en logros. Tamén pode axudar a deseñar un mecanismo e trazar un camiño a seguir. Polo tanto, a importancia da organización é primordial e require unha comprensión profunda. Para planificalo e implementalo de xeito eficaz, pódense empregar varias ferramentas de planificación segundo as necesidades de cadaquén. Entre as ferramentas de planificación máis eficaces está edCrumble, unha plataforma que permite realizar unha breve secuencia didáctica. Ademais, este tipo de ferramentas ofrécennos numerosos beneficios, tales como: 1. Facilitan o noso traballo, facéndoo máis sinxelo, doado e cómodo. 2. Afórranos tempo, xa que os nosos proxectos está...

Symbaloo

Ola a todos, vimos a falarvos da plataforma symbaloo, unha plataforma na que poder deseñar un webmix no que poñer as diferentes webs ás que queremos acceder con maior facilidade. A continuación vos explicaremos os puntos positivos e negativos desta. En primeiro lugar, entre as vantaxes que supón, destacamos varias. Symbaloo permite un acceso fácil as páxinas webs que desexes consultar. Conxuntamente tamén se pode iniciar unha persoalización da páxina (elaborando o teu propio perfil) e compartir bloques e Webmixes. A continuación, descubrirás bloques por categoría da galería e poderás crear marcadores e grupos. Os puntos febles desta plataforma son principalmente o feito de que é complicado entender a maneira de utilizala, á hora de intentar facer o noso propio webmix, necesitamos utilizar diferentes tutoriais e nos resultou un pouco difícil atopar a maneira. Ademáis desta plataforma, gustaríanos recomendarvos outras similares que poden axudarvos á hora de acceder as webs que máis usade...

REA

Hoxe vimos a presentarvos unha maneira moi fácil de dinamizar as clases mediante os REA, unha serie de recursos de educación abertos a todo o mundo que poden ser dende recursos interactivos ata textos teóricos. Un REA pode chegar a ter a mesma potencia e formato que o contido que se desenvolve nunha editorial ou plataforma, ademáis é unha nova ferramenta que nos achegan as novas tecnoloxías e que facilitará moito a aprendizaxe de todos os alumnos dunha maneira máis dinámica.  Garzas a diferentes plataformas que conteñen estos recursos pode resultar moi sinxelo atopalos de maneira que estén listos para ser empregados directamente na aula.

As nosas opinións persoais sobre a tecnoloxía

  OPINIÓNS SOBRE A TECNOLOXÍA  Ola a todos! Nesta entrada vimos a falar sobre a tecnoloxía dende as nosas perspectivas persoais. VIRGINIA  👩 A nivel persoal a tecnoloxía marcou un antes e despois en todos os ámbitos da miña vida pero sobre todo no educativo. Como ben sabemos, grazas a elas podemos acceder a unha cantidade de contidos moi significante que nos permiten realizar múltiples proxectos.  Sen embargo, ben é certo que tiven que adaptarme a un ritmo moi veloz a todos os cambios que conlevavan as Tics e, como resulta evidente, o primeiro contacto foi un tanto díficil. Cando logrei familiarizarme con elas fixeron da aprendizaxe unha actividade moi divertida, ensinándome que materias que semellaban pouco atractivas (dende o meu parecer) pasaban a converterse nas máis enriquecedoras. Este é o caso das matemáticas; os progamas interactivos que nos facilitabas os docentes, lograron que aprendera as tabalas de multiplicar a un velocidade moi lixeira. Finalmente, des...

Presentación grupal

Imagen
Ola a todos! Encantados de coñecervos, somos os Vitalizadores, chamámonos Virginia, Gabriel e Irene e decidimos facer o noso blog sobre os hábitos de vida saudables e o autoconcepto, pois consideramos moi importante que os nenos leven unha vida saudable e rompan cos estereotipos comezando a verse a sí mesmos e aos seus compañeiros dunha maneira máis positiva, propiciando así ademáis a inclusión e a redución do bullying. Neste falaremos dende alimentación saudable e hixiene como da importancia do deporte, sendo todos estos contidos da matéria de Educación Física.

Reflexión das NNTT no ámbito educativo

  REFLEXIÓNS Hoxe imos empezar facendo unhas reflexións personáis sobre as seguintes preguntas que se nos presentan: 1.Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT? 2.Te fai mellor o peor profesor o uso das NNTT? 3.Como cres que vas a usalas na aula o día de mañá? 4.As NNTT como medio ou como fin? 5.Hai medios nos colexios públicos para traballar nas NNTT? IRENE As NNTT son moi importantes na actualidade e considero moi necesario que os mestres nos adaptemos ao seu uso pois, hoxe en día todos os nenos as utilizan na súa vida cotiá. Ao ser algo que utilizan todos os días, atopan máis facilidade na aprendizaxe cando na aula se opta por estos medios. Polo tanto, a día de hoxe un profesor que use as NNTT posiblemente consiga atraer mellor a atención do seu alumnado.  No futuro é posible que utilice as novas tecnoloxías en prácticamente todas as clases, xa sexa para poñer vídeos, cancións ou mesmamente con xogos interactivos que axuden ao meu alumnado a comprender o temario, pero sempr...

Presentaciónes individuales

Imagen
Eu chámome Gabriel, teño 18 anos e vivo no Grove, un pobo costeiro situado na provincia de Pontevedra. Agora mesmo estou estudando Educación Primaria no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e a razón pola que fago esto é porque me sinto moi a gusto ensinando e aconsellando aos rapaces pequenos. Son Virginia, unha estudante do grado de Educación Primaria da facultade de Ciencias da Educación e do deporte na área de Pontevedra. Actualmente teño 18 anos e resido en Barro. Dende cativa sempre me interesei pola ensinanza e todo o que esta engloba. O contacto directo co alumando, as emocións e as novas experiencias que xurden día a día nas aulas, parécenme sucesos moi especiais que rompen totalmente coa monotonía. Ademáis disto, como decía Nelson Mandela "A educación e a arma máis poderosa que podes empregar para cambiar o  mundo" e polo tanto gustaríame empezar a facelo dende a miña futura profesión.                      ...