As nosas opinións persoais sobre a tecnoloxía
OPINIÓNS SOBRE A TECNOLOXÍA
VIRGINIA 👩
A nivel persoal a tecnoloxía marcou un antes e despois en todos os ámbitos da miña vida pero sobre todo no educativo. Como ben sabemos, grazas a elas podemos acceder a unha cantidade de contidos moi significante que nos permiten realizar múltiples proxectos.
Sen embargo, ben é certo que tiven que adaptarme a un ritmo moi veloz a todos os cambios que conlevavan as Tics e, como resulta evidente, o primeiro contacto foi un tanto díficil. Cando logrei familiarizarme con elas fixeron da aprendizaxe unha actividade moi divertida, ensinándome que materias que semellaban pouco atractivas (dende o meu parecer) pasaban a converterse nas máis enriquecedoras. Este é o caso das matemáticas; os progamas interactivos que nos facilitabas os docentes, lograron que aprendera as tabalas de multiplicar a un velocidade moi lixeira.
Finalmente, destacar que sempre me sorprendeu que a tecnoloxía lograse conectar a persoas situadas a miles de kilómetros de distancia e xa non só a nivel de son, senón tamén de vídeo.
IRENE
Para min a tecnoloxía é un medio, unha axuda e un factor moi positivo que nos permite obter unha cantidade de información inmensa con soamente un paso, pero tamén pode chegar a supor unha dependencia na que a utilizamos en exceso.
No ámbito educativo, foi de gran axuda pois tiven sempre ao meu alcance moitas fontes de información para poder avanzar na miña aprendizaxe e facer a ensinanza moito máis dinámica, ademáis de que a súa existencia tivo moita importancia durante esta pandemia á hora de poder continuar cos meus estudos.
Se tivera que destacar algo da tecnoloxía sería claramente a facilidade coa que podes atopar a resposta para todas as dudas que se te plantexen, xa non hai discusión posible, todo o atopas en internet.
GABRIEL
Eu considero que a tecnoloxía consiste en dar un paso máis na civilización mundial, debido á invención de novos aparellos que revolucionan a nosa vida e que nos achegan unha serie de vantaxes e á súa vez de desvantaxes con respeto á nosa vida cotiá.
Proporciónanos vantaxes, como darnos respostas á moitos problemas nos que nos vemos sumerxidos ás veces, xa que constitúe unha inmensa fonte de datos e de información que nos inflúe dun xeito moi determinante. Tamén nos expón desvantaxes, tales como problemas de adicción, de relación social ou incluso problemas mentais debido ao seu mal emprego ás veces.
No ámbito educativo penso que foi un gran paso adiante, xa que suministra novos métodos de aprendizaxe que poden resultar de certo xeito máis sinxelos que os tradicionais e menos cargantes.
Comentarios
Publicar un comentario