Webquest
Bo día! Hoxe falaremos da Webquest, unha actividade estruturada que supón unha tarefa reflexiva. Esta emprega os recursos que nos atopamos en Internet, seleccionados previamente polo profesorado, para administrar o tempo que os alumnos dedican ao seu desenvolvemento.
Esta actividade mellora a activación dos coñecementos previos dos alumnos, a súa interacción co contido que se vai aprender, co seu profesor e cos seus compañeiros; polo tanto vemos como incita á aprendizaxe colaborativa e motiva ao alumno a traballar coa información que manexan.
Ademais destes beneficios, permite que a avaliación realizada sexa máis obxectiva. Deste modo, obliga ao profesor a clarificar o seus criterios, mostrando ao estudante qué se espera del e cómo será avaliado/a.
Pola contra, Internet ten os seus límites, xa que non todo o que circula pola rede é de calidade; polo que se encontran dificultades para encontrar a información desexada. Tamén, a falta de tempo é un dos factores que máis preocupan aos docentes. Para diseñar unha Webquest precísanse moitas horas de traballo acompañadas de unha previa formación teórica para manexar correctamente este tipo de ferramentas dixitais.Concuntamente, a carencia de internet nas aulas ou as dificultades de conexión que teñen moitos centros, dificulta a ultilización de este recurso.
A estrutura básica da WebQuest abarca os seguintes elementos:
Introdución: preséntaselles o tema sobre o que se enfocarán as diferentes actividades posteriormente presentadas, procurando despertar o seu interese e animando ao espectador a participar nas mesmas.
Tarefa: proporciona unha descripción sobre que deben facer o alumnado, neste caso unha taxonomía de tarefas.
Procesos: pasos que se deben seguir para solventar as actividades.
Destacamos a actividade do cómic. Para realizala, os alumnos de cuarto de primaria deberán leer as viñetas diseñadas para posteriormente responder a unha serie de preguntas centradas na autoestima para tratar profundandamente este contido. Posteriormente serán eles quenes diseñen, deixando o seu cómic (realizado á man e seguindo a mesma temática) en comentarios. Paralelamente levaríase a cabo nas horas de valores éticos, ao igual que a primeira actividade explicativa que implicaba visualizar dous vídeos da mesma temática.
Esta tarefa realizámola con Pixton, unha ferramenta web que fomenta a creatividade e comprensión lectora. Esta, presenta moitas vantaxes. En primeiro lugar, a diferencia de outras, está completamente en español, presentando numerosos tutoriais e exemplos. Así convértese nunha plataforma para compartir, aprender e evaluar contidos de forma cautivadora.
Sen embargo, ao presentar moitas opcións pode resultar un pouco complexa á vez que, a nivel educativo, precisa dunha inversión monetaria.
As outras actividades diseñadas dividiríanse en dous bloques:
-Educación física: Actividade 4 (visualizar un vídeo de hábitos saudables) y Actividade 5 (segunda parte, reflexión sobre o deporte e a OMS).
-Ciencias Naturais: Actividade 3 (dúas actividades interactivas sobre a pirámide alimenticia para 4º de primaria) e Actividade 5 (a primeira parte, food journal, donde reflexan nunha táboa a súa alimentación ao longo dunha semana).
Recursos: lista de sitios web que o estudante debe consultar para levar a cabo as actividades, evitando que este indage pola rede con total liberdade.
Avaliación: establécense os criterios que permitirán a calificación.
Conclusión: resumen da experiencia e reflexión sobre a investigación.
Agora tócache a ti! Anímate a visitar a nosa Webquest, a cal dispón de numerosos contidos, recursos e actividades de todo tipo, mediante as cales aprenderás moitas cousas á vez que te divirtes. Vamos, visítanos e déixanos a túa opinión!
https://sites.google.com/view/webquest-autoestima-y-vida-sal/portada
Comentarios
Publicar un comentario