Reflexión das NNTT no ámbito educativo

 REFLEXIÓNS

Hoxe imos empezar facendo unhas reflexións personáis sobre as seguintes preguntas que se nos presentan:

1.Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT?

2.Te fai mellor o peor profesor o uso das NNTT?

3.Como cres que vas a usalas na aula o día de mañá?

4.As NNTT como medio ou como fin?

5.Hai medios nos colexios públicos para traballar nas NNTT?

IRENE

As NNTT son moi importantes na actualidade e considero moi necesario que os mestres nos adaptemos ao seu uso pois, hoxe en día todos os nenos as utilizan na súa vida cotiá. Ao ser algo que utilizan todos os días, atopan máis facilidade na aprendizaxe cando na aula se opta por estos medios. Polo tanto, a día de hoxe un profesor que use as NNTT posiblemente consiga atraer mellor a atención do seu alumnado. 

No futuro é posible que utilice as novas tecnoloxías en prácticamente todas as clases, xa sexa para poñer vídeos, cancións ou mesmamente con xogos interactivos que axuden ao meu alumnado a comprender o temario, pero sempre como un medio para poder chegar a uns coñecementos que deben obter. Na actualidade, a gran maioría de colexios públicos teñen medios suficientes para poder traballar coas NNTT xa sexa por medio de ordenadores para os alumnos ou por pantallas dixitais. 

En definitiva, na actualidade é moi importante o seu uso e considero que no futuro o será máis.

GABRIEL

Na miña opinión, as NNTT son moi necesarias no mundo no que hoxe en día vivimos, xa que os rapaces están acostumados a empregar este tipo de aparellos, e desta forma, verán o aprendizaxe dun xeito máis interactivo e entretido. Co cal, penso que un mestre que sepa manexar as TIC, chamará máis a atención dos rapaces o cal fomentará un mellor proceso de aprendizaxe para os educandos.

Eu como estudante que son deste grao, gustaríame aprender a empregar estes métodos audiovisuais dun xeito máis profundo para así poder impartir o ensino dunha forma que lle resulte máis sinxela aos discentes, co cal eles disfruten do aprendizaxe, e que éste resulte menos cargante e soporífero.

Penso que na actualidade as NNTT son materiais de primeira necesidade no ámbito educativo, xa que co paso do tempo cómpren novos métodos de ensino e as aulas deben reestruturarse cada vez que pasamos dunha xeración a outra, debido a que os tempos cambian e cada vez estes aparellos tecnolóxicos desenvolveranse máis e co cal, resultarán máis imprescindibilidade en tódolos ámbitos.

VIRGINIA

As novas tecnoloxías son unha ferramenta moi útil para os nenos e nenas a nivel educativo, pois facilitánlle unha morea de coñecementos e mesmo poden resolverlles dudas no momento que o precisen. Sen embargo moitos datos da rede son érrones por iso considero imprescindible ensinarlles a fecer un emprego adecuado das mesmas. É moi importante que os docentes que as empregen (mostrando así tolerancia a innovación, feito moi positivo, xa que se adapatan ás sociedades cambaintes) lles ensinen aos máis cativos todos os perigos e as vantaxas que estas supoñen. 

Por outra banda as NNTT son vistas baixo a miña perpectiva como un medio para alcanzar un fin educativo, a aprendizaxe realizada de maneira máis didáctica e interactiva. Sen embargo son moitos os colexios públicos que non contan con suficientes dispositivos polo que serían preciso axudas por parte do goberno para poder sufragar o gasto económico que supón.





Comentarios

Entradas populares de este blog

STEAM

Webquest

Symbaloo