Presentaciónes individuales



Eu chámome Gabriel, teño 18 anos e vivo no Grove, un pobo costeiro situado na provincia de Pontevedra. Agora mesmo estou estudando Educación Primaria no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e a razón pola que fago esto é porque me sinto moi a gusto ensinando e aconsellando aos rapaces pequenos.




Son Virginia, unha estudante do grado de Educación Primaria da facultade de Ciencias da Educación e do deporte na área de Pontevedra. Actualmente teño 18 anos e resido en Barro. Dende cativa sempre me interesei pola ensinanza e todo o que esta engloba. O contacto directo co alumando, as emocións e as novas experiencias que xurden día a día nas aulas, parécenme sucesos moi especiais que rompen totalmente coa monotonía. Ademáis disto, como decía Nelson Mandela "A educación e a arma máis poderosa que podes empregar para cambiar o  mundo" e polo tanto gustaríame empezar a facelo dende a miña futura profesión.

 
  

                                                                     

Ola! Chámome Irene e son unha estudante do grado de Educación Primaria na faculdade de Pontevedra, teño 18 anos e son natural de Betanzos, na provincia de A Coruña. Son unha persoa un pouco tímida e moi deportista, fago piragüismo no Centro Galego de Alto Rendemento e este é un dos motivos polos que estou estudando en Pontevedra, pouco a pouco iredes descubrindo un pouco máis sobre min. Estou nesta carreira xa que dende que son pequena sinto un gran interés pola ensinanza a nenos do rango de idade entre 6 e 12 anos, ademáis desto, teño unhas primas que están nesta etapa e me parece de gran interese o feito de entendelas e axudarlles a crecer aprendendo. 











Comentarios

Entradas populares de este blog

STEAM

Secuencia didáctica

Reflexión das NNTT no ámbito educativo