Symbaloo


Ola a todos, vimos a falarvos da plataforma symbaloo, unha plataforma na que poder deseñar un webmix no que poñer as diferentes webs ás que queremos acceder con maior facilidade. A continuación vos explicaremos os puntos positivos e negativos desta.


En primeiro lugar, entre as vantaxes que supón, destacamos varias. Symbaloo permite un acceso fácil as páxinas webs que desexes consultar. Conxuntamente tamén se pode iniciar unha persoalización da páxina (elaborando o teu propio perfil) e compartir bloques e Webmixes. A continuación, descubrirás bloques por categoría da galería e poderás crear marcadores e grupos.

Os puntos febles desta plataforma son principalmente o feito de que é complicado entender a maneira de utilizala, á hora de intentar facer o noso propio webmix, necesitamos utilizar diferentes tutoriais e nos resultou un pouco difícil atopar a maneira.

Ademáis desta plataforma, gustaríanos recomendarvos outras similares que poden axudarvos á hora de acceder as webs que máis usades, entre elas Netvibes e Pearltrees. Esperamos que sexan de utilidade para todos vós!


Comentarios

Entradas populares de este blog

STEAM

Reflexión das NNTT no ámbito educativo

WordWall