Educaplay
Bós días!
Hoxe decidimos diseñar dúas actividades mediante o emprego de Educaplay. Como moitos de vós sabedes Educaplay é unha plataforma para a creación de actividades educativas multimedia. Foi desenvolvida por adrformacion.com como unha contribución á comunidade educativa e actualmente está en versión beta pero ofrece múltiples posibilidades.
En primeiro lugar creamos con dita ferramenta un crucigrama dirixido aos alumnos e alumnas de 5º de educación primaira. O principal obxectivo que ten dita tarefa é que todos os rapaces e rapazas se familiaricen e aprendan novos vocablos relacionados coa relacións sociais e o coñecemento propio. Entre estos términos encóntranse: compañerismo, autoestima, amizade, inclusión etc. Ademais cómpre decir que se desenvolverá durante as horas de valores éticos e terán 900 segundos para resolvelo.
Por outra banda, no seguinte exercício, os rapaces e rapazas de 3º de primaria terán que relacionar diferentes elementos durante as horas de educación física. A finalidade do mesmo consiste en aprender a agrupar os hábitos perxudiciais e os saudables para a sáude das persoas. Algúns exemplos son: lavar os dentes, ducharse, facer deporte, ser sedentario, comer solo pizza etc.
Para finalizar, animámosvos a todos a paricipar xa que pasaredes un momentiño moi agradable e divertido!
Comentarios
Publicar un comentario