Entradas

STEAM

Imagen
  Nesta entrada de hoxe animámosvos a ver a elaboración do noso proxecto de STEAM, o cal xa provastes na aula.👍😊 -Título: Mellorando a nosa saúde física e mental. -Contido:   Hábitos de vida saudable e autocoñecemento mediante a expresión da nosas propias emocións. -Robótica. -Destinatario: 3º curso de educación primaria. -Elaboración: 1.Dividimos a cartulina en 8 cadrados iguais. 2.Buscamos na revista hábitos saudables e perxudiciais para a saude e recortámolos. Facemos o mesmo cos emojis que expresan emocións, pero esta vez  buscámolos na rede para posteriormente imprimilos. 3. Pegamos os elementos recortados na cartulina. 4.Recortamos rectángulos de cartón e facemos en eles preguntas acordes á temática. Logo introducímolos na bolsiña de donde deberán quitar un único rectángulo a cegas. 5.Preparamos a saída. LISTO! Objetivos: -Descubrir e identificar as diferentes emocións que experimentan para posteriormente conseguir afrontarlas con maior facilidade. -Diferenci...

Realidade aumentada

Imagen
  Bos días! Hoxe descubrirás MOMENT AR- Merge Cube e terás unha mañá moi agradable. A través desta aplicación realizaremos unha actividade para que os nosos alumnos aprendan a diferenciar ben as emocións e como cada situación que se lles presenta fai que se sintan, polo tanto, comezaremos a actividade dividindo a clase en grupos de 3, 4 ou 5 persoas . Despois, distribuiranse unha serie de tarxetas que suporán certas situacións, os alumnos terán que responder como pensan que se sentirían se lles ocorrese esa situación, escribirano nunha folla de papel. Finalmente, chega o momento do cubo, os estudantes deben buscar no cubo esas situacións e ver se dixeron que sentirían o mesmo que representa o cubo, despois de facelo deben falar entre eles cal pode ser a razón por que si ou non acordo. Deste xeito, poderán coñecerse mellor a si mesmos, e tamén aos seus colegas, porque falando diso poderán comprender por que os demais se senten dun xeito determinado e poderán aprender a identificarse...

Webquest

Bo día! Hoxe falaremos da Webquest , unha actividade estruturada que supón unha tarefa reflexiva. Esta emprega os recursos que nos atopamos en Internet, seleccionados previamente polo profesorado, para administrar o tempo que os alumnos dedican ao seu desenvolvemento.  Esta actividade mellora a activación dos coñecementos previos dos alumnos, a súa interacción co contido que se vai aprender, co seu profesor e cos seus compañeiros; polo tanto vemos como incita á aprendizaxe colaborativa e motiva ao alumno a traballar coa información que manexan.  Ademais destes beneficios, permite que a avaliación realizada sexa máis obxectiva. Deste modo, obliga ao profesor a clarificar o seus criterios, mostrando ao estudante qué se espera del e cómo será avaliado/a. Pola contra, Internet ten os seus límites , xa que non todo o que circula pola rede é de calidade; polo que se encontran dificultades para encontrar a información desexada. Tamén, a falta de tempo é un dos factores que máis pre...

WordWall

  En WordWall, un medio para crear actividades tanto interactivas como imprimibles, creamos un laberinto para levar a cabo unha actividade nas clases de valores éticos. Mediante esta, os alumnos e alumnos de 2º curso descubrirán as diferentes emocións (tristeza, alegría etc.) que presentan os nenos das imaxes para posteriormente identificalas en sí mesmos.  Tras esta previa explicación, animámosvos a todos a probalas pois aprenderedes novos contidos á vez que vos divertides!

Educaplay

  Bós días! Hoxe decidimos diseñar dúas actividades mediante o emprego de Educaplay. Como moitos de vós sabedes Educaplay é unha plataforma para a creación de actividades educativas multimedia. Foi desenvolvida por adrformacion.com como unha contribución á comunidade educativa e actualmente está en versión beta pero ofrece múltiples posibilidades. En primeiro lugar creamos con dita ferramenta un crucigrama dirixido aos alumnos e alumnas de 5º de educación primaira. O principal obxectivo que ten dita tarefa é que todos os rapaces e rapazas se familiaricen e aprendan novos vocablos relacionados coa relacións sociais e o coñecemento propio. Entre estos términos encóntranse: compañerismo, autoestima, amizade, inclusión etc. Ademais cómpre decir que se desenvolverá durante as horas de valores éticos e terán 900 segundos para resolvelo. Por outra banda, no seguinte exercício, os rapaces e rapazas de 3º de primaria terán que relacionar diferentes elementos durante as horas de educación fí...

Secuencia didáctica

A planificación é o primeiro paso para acadar os obxectivos que as persoas nos establecemos. Se se trata dunha organización empresarial, un organismo educativo ou incluso unha persoa, establecer obxectivos e tratar de acadalos é unha actividade esencial. Na vida profesional e persoal todos temos certas metas. A planificación permítenos converter estas en logros. Tamén pode axudar a deseñar un mecanismo e trazar un camiño a seguir. Polo tanto, a importancia da organización é primordial e require unha comprensión profunda. Para planificalo e implementalo de xeito eficaz, pódense empregar varias ferramentas de planificación segundo as necesidades de cadaquén. Entre as ferramentas de planificación máis eficaces está edCrumble, unha plataforma que permite realizar unha breve secuencia didáctica. Ademais, este tipo de ferramentas ofrécennos numerosos beneficios, tales como: 1. Facilitan o noso traballo, facéndoo máis sinxelo, doado e cómodo. 2. Afórranos tempo, xa que os nosos proxectos está...

Symbaloo

Ola a todos, vimos a falarvos da plataforma symbaloo, unha plataforma na que poder deseñar un webmix no que poñer as diferentes webs ás que queremos acceder con maior facilidade. A continuación vos explicaremos os puntos positivos e negativos desta. En primeiro lugar, entre as vantaxes que supón, destacamos varias. Symbaloo permite un acceso fácil as páxinas webs que desexes consultar. Conxuntamente tamén se pode iniciar unha persoalización da páxina (elaborando o teu propio perfil) e compartir bloques e Webmixes. A continuación, descubrirás bloques por categoría da galería e poderás crear marcadores e grupos. Os puntos febles desta plataforma son principalmente o feito de que é complicado entender a maneira de utilizala, á hora de intentar facer o noso propio webmix, necesitamos utilizar diferentes tutoriais e nos resultou un pouco difícil atopar a maneira. Ademáis desta plataforma, gustaríanos recomendarvos outras similares que poden axudarvos á hora de acceder as webs que máis usade...